Outros xeitos de usar Anchor.
- Versión de escritorio de Anchor.
Tamén se pode utilizar Anchor no ordenador a partir da versión de escritorio dispoñible na web de anchor. Resulta interesante cando o que nos interesa é conseguir acabados máis profesionais dos nosos podcasts, porque teremos un acceso máis doado as nosas ferramentas de edición de son, como por exemplo Audacity, e podemos sentirnos máis cómodos que traballando co noso smartphone.
Aínda que non debemos olvidar que todo o que fagamos no ordenador podemos importalo despois coa APP de Anchor no noso smartphone.
Utilízase de xeito similar como podedes ver no seguinte video.
- Creación dun podcast colaborativo con Anchor.
Outra das posibilidades que fan moi interesante Anchor é a posibilidade de crear podcasts con máis participantes de
forma remota e desde calquera lugar con conexión a internet, cada un
desde o seu teléfono ou ordenador.
No seguinte video explícase o procedemento.