Axustes previos.
Axustes previos
Logo de instalar o programa Audacity, é recomendable facer algúns axustes antes de comezar traballar. Isto vai facilitar bastante a nosa tarefa. Para iso iremos a Editar > Preferencias.
1. En Dispositivos, seleccionamos o servidor que administrará as opcions de entrada e salida de audio. Eleximos os nosos dispositivos e a opción de "Grabación" > "Canales" > 2 (Estéreo).
2. En Grabación, resulta interesante configurar a opción de "Grabar en una pista nueva", se queremos que ese sexa o xeito normal de gravación en lugar de que comece a gravar ao final da pista en uso.
3. En Calidad, comprobamos que os valores seleccionados son "44100 Hz" e "32-bit float". Seguramente por defecto xa aparecen así.Con unha mínima configuración inicial podemos empezar a facer as nosas gravacións.
Proxecto de Audacity.
Denomínase proxecto de Audacity ao conxunto de arquivos e cartafoles xerados por Audacity en relación cun tema concreto que constitúe o noso obxecto de traballo (obra, canción, locución, etcétera). Son imprescindibles para o seu correcto funcionamento.
Un proxecto de Audacity inclúe:
- Un arquivo, ao que se lle adoita dar o nome de “Título da canción, obra, etc.”
- Un cartafol que leva o mesmo nome, pero ao que se engade a terminación “_data”. Dentro desta gárdanse todos os arquivos necesarios para o proxecto. Non debemos eliminala nunca.
No seguinte vídeo amósase o proceso de configuración inicial e como realizar e gardar unha gravación básica con Audacity.
Para afondar un pouco podedes usar o seguinte enlace: Grabar con Audacity y reproducir lo grabado