Descarga dende a páxina oficial.

O programa Audacity pódese descargar de maneira gratuíta desde a páxina oficial de Audacity e instalar en calquera sistema operativo. Nesta páxina atoparemos unha descripción inicial sobre o programa e acceso aos arquivos de instalación segundo a plataforma que esteamos a utilizar.

En canto elixamos o noso sistema operativo redireccionaranos á páxina correspondente, con instruccións en inglés. A instalación realízase do xeito habitual correspondente a cada S.O.

A partir da versión 2.0 non é necesario instalar o complemento Lame Library para poder exportar os arquivos ao formato MP3.


Versión portable

Hai unha versión portable para levar no pendrive e poder traballar en calquer ordenador sen deixar rastro do traballo feito. As versións portables teñen a vantaxe de que se poden instalar dende un pendrive sen necesidade de ter privilexios de administrador.


Hai que ir a este enlace e descargar o programa
http://portableapps.com/apps/music_video/audacity_portable


Instalación do programa

  • Windows

Descargamos o executable e basta con facer dobre click  e seguir as instrucións. É moi rápido e sinxelo.

Velaí un vídeo demostrativo:

  • Linux - Ubunto

Debido á gran popularidade de Audacity, podemos atopalo dentro dos repositorios de Ubunto así mesmo como de moitas das distribucións de Linux. Para poder instalar esta ferramenta contamos con varios métodos dos cales podemos elixir o que máis nos agrade.

1. O primeiro método de instalación e o máis sinxelo é instalando directamente Audacity desde o noso centro de software de Ubunto ou con axuda de Synaptic.

Aquí tedes un video explicativo.


 2. Adicionalmente para quen o prefira poden realizar a instalación desde unha terminal co seguinte comando:

    sudo apt install audacity

Ultime modifiche: giovedì, 11 marzo 2021, 15:56