O Visual Thinking é unha metodoloxía que se está comezando a extender polo ámbito educativo. Si facemos a tradución literal, visual thinking significa pensamiento visual e consiste en facer máis atractiva e amable para o alumnado unha temática mediante a introducción de debuxos, textos, cores,... 

Poderíamos considerar que son a evolución gráfica dos típicos esquemas de toda a vida. Os esquemas 2.0 

Neste bloque imos a intentar que vos convirtades en Visual Thinkers e que fagades unha pequena ilustración utilizando distintas ferramentas.

Seguro que máis de un e de dous estaredes pensando: Pero si eu non sei debuxar. 

Non fai falta. Non é necesario ser un especialista en debuxo para elaborar un Visual Thnking e, estou segurísimo, que cando o intentedes ides quedar gratamente sorprendidos do resultado. Aquí vos poño un vídeo para que vexades que con moi pouco se pode crear algo bonito:


Esto que vos estou comentado a vós, é importante transmitirllo tamén ao alumnado porque para eles realizar este tipo de esquemas visuais lles pode facilitar moito a tarefa de memorizar contidos.

Facendo un pequeno resumo, podemos falar de distintas fases no Visual Thinking


Como comentaba antes, non é necesario saber debuxar para elaborar un Visual Thinking

1.- As persoas podemos debuxalas partindo de figuras xeométricas como círculos e as extremidades poden ser liñas rectas. É importante non esquecerse das articulacións xa que nos permiten xogar con distintas posturas.

2.- Para os obxectos tamén podemos utilizar a mesma técnica e basearnos en figuras xeométricas. Unha das premisas máis importantes do "Visual Thinking" e a simpleza.

3.- As tipografías: os textos deben utilizarse só cando sexan precisos, sin abusar deles, e podemos optar por tipografías en maiúsculas, con sombredo de cor, dentro de distintos marcos,....

4.- Soporte: Temos que ter en conta onde imos a facer o noso "Visual Thinking". Si o facemos en papel por exemplo, a cartulina nos outorga un maior soporte co que nos facilita o traballo/diversión (eu non o considero un traballo). Se optamos polo soporte dixital, tablets e iPads nos facilitan moito a tarefa de debuxar, borrar, exportar,... Unha das aplicación que máis me gusta para debuxar tanto en ipad como en tablet é Tayasui Sketches. 

Si nos decantamos polo ordenador podemos utilizar una ferramenta de libre office que é Draw que funciona realmente ben.

E outra gran opción que temos no ámbito educativo é a posibilidade de facer os Visual Thinkings tanto na pizarra blanca como nas pizarra dixital cuns resultados fantásticos.

5.- Nos vos esquezades de utilizar recursos básicos como os conectores (frechas, liñas rectas ou curvas,..) os marcos, os bocadillos, os divisores (para separar distintas partes da páxina),..

6.- E para rematar, as sombras. Non son obrigatorias pero danlle un resultado máis profesional ao noso traballo.

Se nos vos sale como esperades, non vos preocupedes. O visual thinking, como todo nesta vida, require de práctica.



Última modificación: mércores, 3 de marzo de 2021, 11:22 AM