Ir ao contido principal
Panel lateral
Inicio
Calendario
Máis
Galego (gl)
English (en)
Español - Internacional (es)
Français (fr)
Galego (gl)
Italiano (it)
Português - Portugal (pt)
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Inicio
Calendario
Expandir todo
Contraer todo
Abrir o índice do curso
Abrir o caixón do bloque
Horta_04
Topic 6
EU FAGO O MELLOR QUE PODO
EU FAGO O MELLOR QUE PODO
Requisitos do completado
DÚAS MANEIRAS DE VER E ACTUAR NO MUNDO
DÚAS MANEIRAS DE VER E ACTUAR NO MUNDO
DÚAS MANEIRAS DE VER E ACTUAR NO MUNDO
Non existe unha única maneira de ver o mundo.
En realidade existen moitas.
Todo depende de como o miremos.
É como se nos poñemos unhas gafas de cor, todo o que miremos vai ter esa cor.
Ademais a nosa forma de actuar no mundo depende da maneira de miralo.
Entre todas as posibilidades imos ver dúas moi importantes para o noso traballo.
AS GAFAS DA SEPARACIÓN DA NATUREZ
A
Con estas gafas o ser humano e a sociedade ven o mundo e a natureza
como algo separado de si mesmos.
A natureza está aí fora para ser utilizada para o seu beneficio.
Cando miramos a natureza deste xeito a nosa forma de actuar é a seguinte:
Extraemos as materias primas da natureza.
Transformámolas en produtos.
Vendemos.
Consumimos.
Desbotamos.
E, como no mundo hai moita fartura, cando esgotamos os recursos nun lugar imos a outro.
Con estas gafas
non temos en conta o
equilibrio da natureza
nen que
os seus recursos son limitados.
AS GAFAS DA UNIÓN COA NATUREZA
Con estas gafas o ser humano e a sociedade vense a sí mesmos como unha parte máis da natureza.
Ven unha
interdependencia
entre todos os seus elementos.
O planeta é unha unidade e cada acción individual afecta ó todo.
Cando miramos a natureza deste xeito a nosa forma de actuar é a seguinte:
Producimos e consumimos dun xeito cíclico como na natureza.
Na natureza nada se desbota, non hai lixo porque todo é tratado, absorbido e aproveitado polo ciclo natural.
Con estas gafas
satisfacemos as nosas necesidades
sen romper o equilibrio nen esgotar os recursos.
Vostede completou o 0% da lección
0%