FORO DE DEBATE

ENTREGA DO PROXECTO

ENTREGA DO PROXECTO

par RAQUEL VIÑA MOLINOS,
Number of replies: 1
Desculpade o retraso na entrega da tarefa. Entendemos que se podía entregar ata o próximo día de clase. Espero que non sexa un inconvinte entregalo desta maneira. 
Adxunto o proxecto elaborado por Natalia Fernández Veiga e por min. É un proxecto dirixido á educación infantil e o tema é a construcción.
In reply to RAQUEL VIÑA MOLINOS

Re: ENTREGA DO PROXECTO

par Cristina Novoa,
Un proxecto con moitas posibilidades. Creo que o papel da biblioteca aínda pode "explotarse" máis, no referente aos recursos e ás actividades coa información. Pero cómpre contextualizar no propio centro, obviamente.

Sería imperdonable non aproveitar esa "construción" xusto diante da escolar, para coñecer os diferentes oficios que interveñen, os materiais que se empregan, e todo o que recolledes no proxecto. Tamén poderíades incluír temas de seguridade no traballo, imaxino que os cascos dos obreiros lles chamarán a atención... e pódevos dar xogo. Dígoo por evidente, vaia. Pero como ben recoñecedes no texto, os proxectos deben ser algo flexibles para dar cabida ás cuestións que os propios nenos van introducindo e todo o que o proxecto documental vai xerando.
Saúdos