FORO DE DEBATE

ENTREGA DO PROXECTO

Re: ENTREGA DO PROXECTO

de Cristina Novoa -
Número de respuestas: 0
Un proxecto con moitas posibilidades. Creo que o papel da biblioteca aínda pode "explotarse" máis, no referente aos recursos e ás actividades coa información. Pero cómpre contextualizar no propio centro, obviamente.

Sería imperdonable non aproveitar esa "construción" xusto diante da escolar, para coñecer os diferentes oficios que interveñen, os materiais que se empregan, e todo o que recolledes no proxecto. Tamén poderíades incluír temas de seguridade no traballo, imaxino que os cascos dos obreiros lles chamarán a atención... e pódevos dar xogo. Dígoo por evidente, vaia. Pero como ben recoñecedes no texto, os proxectos deben ser algo flexibles para dar cabida ás cuestións que os propios nenos van introducindo e todo o que o proxecto documental vai xerando.
Saúdos