Tema 3: Tempo e clima
Requisitos do completado
Tema 3: Os medios naturais.
Paraestudar este tema, dividimos os seus contidos en dous bloques:
Paraestudar este tema, dividimos os seus contidos en dous bloques:
- Tempo e clima, onde estudaremos os elementos meteorolóxicos e os factores que inciden neles.
- Os climas e as súas paisaxes, onde estudaremos a diversidade climática e paisaxística mundial, española e galega.
2. ELEMENTOS METEOROLÓXICOS
2.5. Tipos de precipitacións
En función da súa orixe temos:
| i. Choivas por convección, danse en zonas de baixas presións e altas temperaturas, como o Ecuador. O aire cálido e húmido ascende, coa altura a temperatura diminúe, a masa de aire arrefríase, condénsase e chove. |
|
| ii. As precipitacións orográficas, prodúcense cando unha masa de aire húmida choca cunha montaña, elévase, arrefría, condensa e precipita como choiva ou neve. |
|
| iii. As precipitacións de fronte, cando dúas masas de aire diferentes, unha cálida e outra fría chocan, prodúcense abondosas precipitacións e ás veces saraiba. É típica das zonas temperadas. | ![]() |
