Tema 1. A representación da Terra
Completion requirements
Libro cos apuntamentos do tema 1.
5. Os mapas.
5.3. Os sistemas topográficos.
|
A superficie terrestre é tridimensional mentres que o papel ou a pantalla onde temos o mapa é bidimensional ou plana. Os cartógrafos teñen, pois, que afrontar o reto de representar nun plano unha realidade complexa con tres dimensións. Para logralo empregan varios recursos: a.- As curvas de nivel: liñas que unen puntos coa mesma altitude. b.- As cores, empregando unhas cores diferentes para as distintas altitudes. c.- Os dous recursos anteriores á vez.
|
|