Ir ao contido principal
Aula Virtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎ Italiano ‎(it)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Aula Virtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Cartografias20
  2. Sesión 1 - 26/11/2020 - Estudio Rurban - Que é a cartografía, en que se basa. Como funciona unha cartografía. Deseño e ferramentas de recollida da información. Onde aplicar a cartografía, ámbito micro vs macro.
  3. Actividade opcional de deseño dun mapa

Actividade opcional de deseño dun mapa

Requisitos do completado
Abertas: sábado, 28 de novembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: xoves, 3 de decembro de 2020, 5:00 PM
Ola a todxs,

Hoxe ao longo do día teredes a presentación de onte dispoñible na Aula Virtual pero enviamos este mail para ser máis concretas á hora de dar indicacións a aquelxs que vos animedes a compartir un posible exercicio de deseño de mapeo nos vosos contextos.

Teredes como arquivo independente unha plantilla que titulamos ¿Como deseñar un mapa colectivo?. A nosa idea é que ao longo destes días poidades xogar a imaxinar unha actividade pedagóxica co voso alumnado, ou aos que xa esteades facendo algún exercicio de mapeo isto vos poida  axudar para reformular e dar novos pasos. O obxectivo compartir novos enfoques e recursos, como vos mesmxs diciades nas vosas presentacións.

A plantilla é unha proposta, podedes eliminar e sumar preguntas de forma que tamén poida servir para mellorar ou reformular a plantilla. Poderiamos pensar que estamos a construir xuntas un novo recurso dentro do propio proxecto Terra.

O que sí vos pediriamos é que aquelxs que esteades interesados en facer o exercicio, e seica presentalo e conversalo na sesión do xoves, nos enviedes un correo como tarde o martes (ou aquelas que tedes máis dúbidas e queredes esperar á exposición de ASF do mércores pois o xoves a primeira hora ^_^). Así nós poderemos axustar tempos e coordinar turnos de palabra.

Esperamos que a sesión de onte fora suxerente de cara a vosa actividade docente e que houbera pequenos momentos de inspiración.

Quedamos atentas ao mail e vémonos de novo o xoves.

Saúdos

María e Martín
Estudio Rurban_info@estudiorurban.com
  • Canvas_exercicioMapeoRrbn_low.pdf Canvas_exercicioMapeoRrbn_low.pdf
    28 de novembro de 2020, 9:46 AM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Políticas
Obter a apli móbil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet. Portal educativo | Contacto | Aviso legal | Protección de datos
Xacobeo 2027
Fornecido por Moodle