Skip to main content
Aula Virtual
  • English ‎(en)‎
    English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎ Italiano ‎(it)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
You are currently using guest access (Log in)

A regueifa

  1. Home
  2. Courses
  3. Zona Aberta
  4. Cursos achegados polo profesorado de Galicia
  5. regueifa
  6. Tema 5 - Creatividade e Xestión Cultural
  7. A máquina de crachás

A máquina de crachás

Completion requirements
Opened: Wednesday, 15 February 2017, 12:00 AM
Due: Wednesday, 22 February 2017, 12:00 AM

 

No Proxecto Regueifesta, a máquina de facer crachas é unha das nosas grandes aliadas. É unha ferramenta que facilita que o noso alumnado experimente un pequeno proceso de autoxestión, a nivel individual e como experiencia colectiva.

 

A inversión inicial para adquirir unha máquina de crachás axiña ha recuperarse, se conseguirmos crear unha dinámica de aproveitamento regular. Cada centro de ensino debería ter unha máquina de crachás á disposición da comunidade educativa.

 

A máquina de crachás pode axudarnos a financiar os nosos proxectos. Pagar un autobús, organizar unha festa, pagar unha regueifeira que veña ao noso centro son actividades que teñen un custo. E é educativo que o alumnado coñeza, aprenda e desenvolva esta dimensión de planificación e organización de accións autoxeridas. É fundamental que o alumnado sexa protagonista activo do seu propio proceso de formación, e adquirir consciencia -máis ou menos profunda- do funcionamento económico do noso sistema vai desenvolver neles un maior coñecemento das oportunidades, dificultades e retos de seren alumnado activo, crítico e transformador.

 

Máis alá de sabermos que temos dereito a acceder a axudas e subvencións de organismos públicos, de coñecermos as  oportunidades e precariedades do actual sistema escolar, ou de adquirir consciencia crítica para reclamar e exixir direitos, consideramos que o alumnado debe protagonizar experiencias de autoxestión económica.

 

Un dos obxectivos da autoxestión é sermos independentes, poder desenvolver un proxecto autonomamente. E saber que non debemos ser dependentes nin condicionar o noso proxecto a decisións -técnicas, políticas, etc- que non dependen das nosas decisións. Debemos ter a seguridade de que para que o noso proxecto funcione debemos funcionar nós, e que nós temos a responsabilidade principal para transformar unha idea inicial nunha realidade.

 

A máquina de facer crachás ten varias ventaxas. É facil de utilizar, manexável, e consegue uns resultados moi atractivos. Arredor dela pode construírse todo un proceso de planificación, produción, distribución, etc, que implica o alumnado para marcar obxectivos, deseñar, fabricar, distribuír, facer contas, avaliar... E, sobre todo, pasámolo ben traballando en grupo. E é un proceso creativo e divertido.

 

 

Tarefa:

 

- Busca unha máquina de crachás por internet. Consulta prezos. O habitual é comprar unha boa máquina, de calidade, un cortador de papel, e accesórios para elaborar 500 crachás, de entrada.

Podes consultar aquí.

-    Despois realiza un estudo de viabilidade para amortizar o investimento inicial (cantas crachás teñen que vender, a que prezo, a quen, con que logotipos…)

- Por último, redixe un texto coa túa opinión sobre os procesos de autoxestión económica para apoiar o desenvolvemento de proxectos educativos transformadores. Debemos depender exclusivamente das axudas e subvencións oficiais? Ou podemos crear as nosas dinámicas independentes e autónomas?

 

Elabora un documento explicativo e envíao como arquivo adxunto.

 

 

 

◄ Pode o profesorado mudar o mundo?
Folla de ruta - "Proxecto Final" ►

Blocks

Supplementary blocks

You are currently using guest access (Log in)
regueifa
  • English ‎(en)‎
    • English ‎(en)‎
    • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Français ‎(fr)‎
    • Galego ‎(gl)‎
    • Italiano ‎(it)‎
    • Português - Portugal ‎(pt)‎
Data retention summary
Policies
Get the mobile app