Ir ao contido principal
Aula Virtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎ Italiano ‎(it)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Aula Virtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. XC_01
  2. Topic 11
  3. Comentamos un texto histórico

Comentamos un texto histórico

Requisitos do completado
Comenta o seguinte texto, seguindo as instrucións do tema 7 de como facer un comentario histórico. Tes aquí o enlace por se precisas repasalo.

"En Occidente, case toda Hispania estaba pacificada, fóra da parte que toca as últimas estribaciones dos Pireneos e que baña o océano Citerior. Nesta rexión vivían pobos valerosísimos, os cántabros e os astures, que non estaban sometidos ao Imperio. Foron os cántabros os primeiros que demostraron un ánimo de rebelión máis resolto, duro e pertinaz. Non se contentaron con defender a súa liberdade, senón que tentaron subxugar aos seus veciños os vaceos, turmogos e autrigones a quen fatigaban con frecuentes incursións. Tendo noticias de que o seu levantamento ía a maiores, César non enviou unha expedición, senón que se encargou el mesmo dela. Presentouse en persoa en Segisama e instalou alí o seu campamento. Logo dividiu ao exército en tres partes e fixo rodear toda Cantabria, encerrando a este pobo feroz nunha especie de rede, como se fai coas feras (...).
Os astures por ese tempo descenderon das súas nevadas montañas cun gran exército (...) e preparáronse a atacar simultaneamente aos tres campamentos romanos. A loita contra un inimigo tan forte, que se presentou tan de súpeto e cos plans tan ben preparados, tivera sido dubidosa, cruenta e certamente unha gran carnicería, se non fixesen traizón os brigicinos (...). Estas loitas foron o final das campañas de Augusto e o fin da revolta de Hispania".
Floro, Compendio da Historia de Perico Livio.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Políticas
Obter a apli móbil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet. Portal educativo | Contacto | Aviso legal | Protección de datos
Xacobeo 2027
Fornecido por Moodle