Section outline



    • No  ámbito educativo, a  avaliación é unha das actividades que  forma parte do proceso didáctico. Neste sentido, a aula virtual do centro educativo dispón dun conxunto de ferramentas que axudará ao profesorado no seguimento e avaliación do alumnado. Así mesmo, os/as estudantes poderán acceder ás súas cualificacións e aos comentarios realizados polo profesorado.

      O obxectivo deste curso é o de afondar nas ferramentas de avaliación na aula virtual que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.

      Os contidos deste curso son moi amplos. Isto é así precisamente para poder dar resposta aos distintos niveis, xa que para poder acceder a este curso non hai ningún requisito previo e pódese ter un nivel moi básico das TIC ou un nivel moi avanzado no uso das novas tecnoloxías. Desta forma, se o que queres é iniciarte nestas ferramentas de avaliación, podes acceder tan só aos contidos básicos. E se queres ampliar coñecementos e sacar o máximo rendemento, tamén tes esta posibilidade accedendo aos contidos máis específicos

      Os videotitoriais deste curso están elaborados empregando dúas plantillas de Moodle: Boost e Clean. 

      A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o profesorado.

      (É unha copia das actividades ofertadas no curso 2021/22). 


  • Achegamento por niveis ao papel que deben desenvolver as persoas docentes no ensino semipresencial na avaliación, dende a presentación do proceso de aprendizaxe, o acompañamento e o feedback para a avaliación formativa.

  • Configuración dos tipos de avaliación que Moodle ofrece cando o alumnado fai entrega de tarefas a través da plataforma.

  • Highlighted

    Utilidade dos cuestionarios para a elaboración de probas ou a recollida de información, configuración técnica na plataforma ( diferentes posibilidades: tempo límite, número de intentos, penalización por intento... ).

  • Recollida de información das persoas usuarias da aula virtual.

  • O cualificador como ferramenta para o seguimento do progreso por parte de docentes e alumnado. Posibillidades de configuración ponderada de tarefas para axustar o seguimento á programación didáctica.

    • Informarse e aprender.

    • A continuación recóllense tres funcionalidades da Aula Virtual, relacionadas ca avaliación, como contido complementario aos recursos expostos anteriormente.

    • Outras ferramentas que facilitan a avaliación do alumnado


    • "Creación de contidos dixitais para a aula virtual"

      publícase baixo unha licenza 

      Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional

      Quedan fóra desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza (ligazóns a páxinas web externas).

      Créditos de propiedade

      Úsanse imaxes e recursos publicados no Dominio público ou con licenza CC BY ou CC BY-NC-SA OU CC BY-NC propios e/ou alleos, tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web, indicando a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados [2], dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados non atribuído correctamente, agradecemos nos informe para retiralo ou corrixilo.