Section outline


    • O obxectivo deste curso é o de afondar no coñecemento e aplicación das diferentes ferramentas dixitais que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.

      O profesorado dos centros educativos con competencia no manexo de aulas virtuais, van poder iniciarse na creación de contidos propios con ferramentas de autor interactivas, como son LIM, eXelearning, Ardora e H5P, así como a incorporación dos mesmos aos cursos da aula virtual.

      A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o profesorado.

      (É unha copia das actividades ofertadas no curso 2021/22). 

  • Na creación de contidos é fundamental coñecer e empregar os límites da propiedade intelectual (licenzas de uso, autoría) e os límites da protección de datos cando empregamos materiais tanto propios como alleos obtidos das aulas.

  • Presentación do repositorio e as posibilidades de inserción dos materiais que se ofrecen no mesmo nas aulas virtuais como posible punto de partida.

  • Presentación das posibilidades de uso e as características dos materiais elaborados con ferramentas de autor (LIM e eXeLearning) e de edición de audio,imaxe e vídeo para que cada centro educativo poida afondar nas que mellor se adapten ao perfil do seu alumnado.



    • Informarse e aprender




    • Informarse e aprender

  • Presentación das posibilidades de uso e as características dos materiais elaborados con dúas   ferramentas de autor e de edición de audio,imaxe e vídeo  (H5P e Ardora) para que cada centro educativo poida afondar nas que mellor se adapten ao perfil do seu alumnado.




    • Informarse e aprender




    • Informarse e aprender

  • Posibilidades de inserción na aula virtual para a súa visualización ou para obter datos da interacción coas mesmas por parte do alumnado (SCORM).


    • "Creación de contidos dixitais para a aula virtual"
      publícase baixo unha licenza 
      Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
      Quedan fóra desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza (ligazóns a páxinas web externas).

      Créditos de propiedade

      Úsanse imaxes e recursos publicados no Dominio público ou con licenza CC BY ou CC BY-NC-SA OU CC BY-NC propios e/ou alleos, tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web, indicando a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados [2], dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados non atribuído correctamente, agradecemos nos informe para retiralo ou corrixilo.