Section outline

    • Bloque de contidos 1 (5 horas):

      Introdución aos procesos de automatización industriais. Tipos de procesos industriais. Estrutura dos sistemas automatizados. Descrición do funcionamento dun automatismo.

      Estrutura do autómata programable. Conceptos básicos. Transición da lóxica cableada á lóxica programada. Partes e funcionamento dun autómata programable.

      Sensores e captadores analóxicos e dixitais. Accionadores analóxicos e dixitais. Elementos de diálogo home-máquina.

      Actividades:

      Conexionado de sensores dixitais e analóxicos aos autómatas.

      Conexionado de actuadores dixitais e analóxicos aos autómatas.

      Configuración da comunicación entre o software de programación e os autómatas.

      Bloque de contidos 2 (15 horas):

      Escritura dun programa. Formas de representación. Estrutura do programa. Obxectos de programación. Operacións básicas.

      Operacións combinacionais. Operacións set e reset. Temporizadores. Contadores.

      Uso de ferramentas de axuda ao deseño de sistemas secuenciais implementados con autómatas (GRAFCET)

      Actividades:

      Elaboración de programas, utilizando linguaxe de contactos e operacións básicas.

      Elaboración de programas, utilizando operacións con temporizadores e contadores.

      Elaboración de GRAFCET sinxelos de aplicación en sistemas secuenciais.

      Comprobación do funcionamento dos programas elaborados.

      Bloque de contidos 3 (5 horas):

      Operacións de carga e transferencia. Entradas e saídas analóxicas. Operacións de comparación. Operacións aritméticas.

      Programación modular. Funcións. Bloques de función.

      Ferramentas de diagnóstico dos programas.

      Actividades:

      Realización de programas seguindo criterios de programación modular. Creación de funcións.

      Elaboración de programas para sistemas de regulación analóxica.

      Comprobación do funcionamento dos programas elaborados.

      Bloque de contidos 4 (5 horas):

      Comunicacións entre autómatas programables. Comunicación con interfaces home-máquina tales como pantallas táctiles ou computadoras.

      Actividades:

      Programación dunha comunicación entre dous autómatas.

      Programación dunha comunicación entre un autómata e unha pantalla táctil.