1º ESO (e outros): A Terra, un planeta habitado
Neste apartado móstranse os materiais precisos para aprender e coñecer e, así, poder realizar as actividades e os cuestionarios da seguinte sección. O primeiro arquivo é unha unidade teórica sobre os seres vivos do planeta. Os seguintes arquivos son imaxes de seres vivos para ser utilizadas na aprendizaxe destes.
Seleccionáronse en base á súa facilidade de ser observados, en base á fraxilidade da súa conservación e en base á súa representación da nosa biodiversidade. Faltan moitas das nosas especies, pero os arquivos poden ser modificados e ampliados.
É preciso proxectar as imaxes o, mellor e tal como se propón, traballar con elas independentes e recortadas, como se foran vistas na natureza