Co termo biodiversidade reúnense tanto os ecosistemas, como as especies e os individuos ou diversidade xenética. Para unha formación educativa completa é imprescindible coñecer a importancia que ten a biodiversidade para nós e tamén as consecuencias da súa perda. Dados os impactos que están sofrindo os seres vivos do noso planeta é vital despertar unha actitude de respecto cara á biodiversidade, respecto que pode estimularse co coñecemento de algunhas das especies máis cércarnas.
Este curso, apto para varios niveis de aprendizaxe, amósase dividido en seccións (temas) que serán utilizadas para adaptalo ao currículo vixente.
- As seccións 1 e 2, para 1º da ESO
- A sección 3 inclúe o texto sobre os impactos na biodiversidade
Inclúense tamén actividades sobre os nosos Parques Nacionais e as actividades de repaso para estas dúas seccións.
- As seccións 4 e 5 para 2º da ESO
- As seccións 6 e 7 para 3º da ESO
- As seccións 8 e 9 para 4º da ESO
Calquera destes materiais poden ser utilizados con fins divulgativos