Aplicacións en web para o tratamento da información. Plataformas APPS, wikis, mapas conceptuais, lectores RSS e podcast.
Existen numerosas aplicacións na rede que poden ser ferramentas moi útiles no desenvolvemento profesional e no proceso de aprendizaxe do noso alumnado. Iniciarémonos neste nivel nalgunhas propostas.
A práctica máis recomendable para este módulo é rexistrarse como usuario/a nos espazos propostos en cada apartado. Cando menos é preciso facelo na plataforma de Google para poder desenvolver as tarefas.