Section outline



    • No  ámbito educativo, a  avaliación é unha das actividades que  forma parte do proceso didáctico. Neste sentido, a aula virtual do centro educativo dispón dun conxunto de ferramentas que axudará ao profesorado no seguimento e avaliación do alumnado. Así mesmo, os/as estudantes poderán acceder ás súas cualificacións e aos comentarios realizados polo profesorado.

      O obxectivo deste curso é o de afondar nas ferramentas de avaliación na aula virtual que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.

      Os contidos deste curso son moi amplos. Isto é así precisamente para poder dar resposta aos distintos niveis, xa que para poder acceder a este curso non hai ningún requisito previo e pódese ter un nivel moi básico das TIC ou un nivel moi avanzado no uso das novas tecnoloxías. Desta forma, se o que queres é iniciarte nestas ferramentas de avaliación, podes acceder tan só aos contidos básicos. E se queres ampliar coñecementos e sacar o máximo rendemento, tamén tes esta posibilidade accedendo aos contidos máis específicos

      Os videotitoriais deste curso están elaborados empregando dúas plantillas de Moodle: Boost e Clean. 

      A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o profesorado.

      (É unha copia das actividades ofertadas no curso 2021/22).