Section outline
-

-
O obxectivo deste curso é o de afondar nos contidos relacionados coas posibilidades que ofrece a plataforma Moodle para a colaboración e interacción entre as persoas participantes dentro da aula virtual.
Os contidos deste curso son moi amplos. Isto é así precisamente para poder dar resposta aos distintos niveis, xa que para poder acceder a este curso non hai ningún requisito previo e pódese ter un nivel moi básico das TIC ou un nivel moi avanzado no uso das novas tecnoloxías. Desta forma, se o que queres é iniciarte nestas ferramentas de avaliación, podes acceder tan só aos contidos básicos. E se queres ampliar coñecementos e sacar o máximo rendemento, tamén tes esta posibilidade accedendo aos contidos máis específicos.
A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o profesorado.
(É unha copia das actividades ofertadas no curso 2021/22).
