Section outline
-

Benvido/a á túa nova función docente!
Este será un período moi intenso marcado pola realidade do día a día nos centros educativos, pola necesidade dunha rápida adaptación e pola obriga de interiorizar novas dinámicas. Todo isto pode ser un desafío para os teus primeiros pasos no centro educativo e dentro da estrutura organizativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Este espazo proporciónache ferramentas e recursos para un mellor desenvolvemento das túas tarefas e para que a túa incorporación sexa o máis informada posible, adquirindo xa desde o primeiro momento unha boa e acertada dinámica de traballo.
Aquí atoparás información e obterás unha visión xeral sobre o que significa e o que implica ser docente no sistema educativo español e galego. Comprenderás tamén que comezas a traballar nunha organización que é complexa por definición e por necesidade, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que é a que, en definitiva, enche de sentido e contido o sistema educativo na nosa Comunidade Autónoma.
Un apuntamento final, seguindo o Modelo de Competencias Profesionais Docentes, a través deste curso formaraste prioritariamente na competencia:
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe
-
Subcompetencia 1. Programación, seguimento e avaliación
-
Subcompetencia 2. Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe
-