Section outline

  • A interpretación do patrimonio é a arte de revelar in situ o significado do legado natural, cultural ou histórico ao público que visita eses lugares no seu tempo de lecer (AIP Asociación para a Interpretación do Patrimonio).




    A Interpretación do Patrimonio baséase en tres instrumentos fundamentais: investigación, conservación e difusión. Ten como finalidade ofrecer unha explicación do legado cultural, histórico e natural dentro dun marco conceptual común adscrito a un territorio concreto.

    O concepto de Interpretación posúe unha ampla gama de pautas e directrices metodolóxicas para a comunicación co público. Aplicado ao patrimonio debe cumprir a misión de presentalo de xeito que a persoa interesada sexa quen de integralo tanto no momento histórico do que formou parte coma da contorna á que pertence.

    A Interpretación do Patrimonio, polo tanto, non é só información contrastada combinada con educación social, senón que é, ademais, a arte de facer descubrir os múltiples significados dun ou varios recursos patrimoniais de forma atractiva e instrutiva xerando, á súa vez, unha concienciación na súa conservación para o seu futuro gozo por xeracións posteriores.


    i