Section outline

  • banner



    As redes sociais na educación


    CC
    Materiais elaborados por Carlos López Ardao e subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    • Os contidos do curso están divididos en: Presentación Inicial e 9 módulos, cunha carga de traballo estimada total de 30 horas. En períodos consecutivos (nalgúns casos poderán solaparse) irase traballando cun módulo, que levará aparellado tipicamente o desenvolvemento dalgunhas tarefas ou actividades que deberán ser entregadas antes do final do período, indicado tras o título do Módulo.

      As actividades de tipo Foro, que son 4, son obrigatorias e só se esixe a participación segundo uns criterios básicos de conducta e calidade para obter unha calificación de “Satisfactorio”, que se corresponde cun valor numérico de 1, sendo 0 a correspondente á non participación ou a participación claramente insatisfactoria.

      As actividades de tipo Tarefa, que son 11, son cualificables, empregándose tamén as cualificacións “Non satisfactorio" e "Satisfactorio”, que se correponden igualmente cos valores numéricos 0 e 1.

      Para superar o curso é necesario obter unha puntuación igual ou superior a 12 puntos na suma de todas as actividades, é dicir, deben superarse o 80% (12 de 15) das actividades propostas.

      Só por motivos suficientemente xustificados se permite a entrega de tarefas fóra de prazo.

      Co gallo de poder acadar o número mínimo de puntos para superar o curso, poderán ser repetidas ata 3 tarefas con avaliación non favorable. Entran dentro deste límite de 3 as tarefas entregadas fóra de prazo.