Section outline

  • BLOQUE IV. Segunda sección: elixe unha ferramenta

    Só é obrigatoria unha, pero se queredes facer as demais tamén as comentaremos e/ou avaliaremos.

    1.- SERVIZOS EN INTERNET PARA GARDAR DOCUMENTOS, VIDEOS, IMAXES, ETC.

    Neste apartado abordaremos algunhas ferramentas que nos permiten crear, aloxar e compartir. Xa vimos varias:

    1. Dropbox para almacenar carpetas e arquivos (xa visto anteriormente).
    2. Youtube para aloxar vídeos.
    3. Slideshare para aloxar e compartir documentos en diferentes formatos: presentacións, PDF, videos.... ata unha capacidade de 100 Mb.

    Existen outras ferramentas como:

    1. Google Docs para a creación de documentos na nube (de texto, presentacións...).
    2. Scribd para aloxar e compartir documentos.
    Neste módulo traballaremos sobre este último. Pero como podes ver... hai moitos máis recursos web 2.0... suficientes para facer un 2º curso ou 3º... sorriso
    • 2.- CREAR ÁLBUMES DE FOTOS EN INTERNET

      Unha imaxe vale máis que mil palabras. Sabémolo e por iso propoñémosvos que creedes un álbum coas vosas imaxes... Para isto imos usar o servizo de PICASA de Google.

      Existen ademais outros servizos relacionados coas imaxes como:
      • FlickrCC: para a busca de imaxes (banco de imaxes de uso libre)
      • Picnik: para editar imaxes
    • 3.- CREACIÓN DE CÓMICS
      Que os cómics sempre lles resultaron atractivos aos rapaces e rapazas... é algo indubidable... Agora trátase de empregar este recurso ben como o usamos neste curso, para presentar materiais dun xeito atractivo, ben que sexan os propios rapaces os que teñan que contar a súa historia (mesmo con maiúsculas!!!). No módulo presentamos moitos posibles recursos neste eido, aínda que nos detemos máis co servizo D-VOLVER MAKER.
      * Recordade que unha vez feito pódese ver e revisar antes de enviar. Despois xa non se pode volver editar. Ao remate n
      o título do cómic (MOVIE TITLE) e no nome do autor (DIRECTOR´S NAME) non recoñece o til. A solución é poñelos en maiúscula.
    • 4.- AS LIÑAS DE TEMPO

      Trátase dun recurso moi usado en Historia. Existen varias plataformas que nos ofrecen a posibilidade de elaborar os noso propios eixes cronolóxicos e publicalos en internet, coa vantaxe de poder enriquecer ditas liñas con imaxes, vídeos, sons...

      Neste curso optamos por traballar con TimeRime.com, por dúas razóns: unha, porque inda que non está en galego, ofrécese ne castelán e nos será máis doado traballar con el (outros servizos só están en inglés); e á segunda razón, porque permite usar datas antes de Cristo (que para os que impartimos Prehistoria e a Idade Antiga) nos pode resultar fundamental.

      * Entrade co idioma en inglés e coa conta de acceso a Timerime. Pinchar en Welcome.... Logo cambiar o idioma a español se queredes.
      No medio aparecerá "CREATE A NEW TIMELIME" ou "CREAR UNA NUEVA LÍNEA". Pulsar aquí e comezar a cubrir os datos e engadir eventos. Logo gardar.
      Para editar:
      Pulsar arriba en "MY Timerime" e xa pulsando en "Cambio" pódese editar a liña que un quere.