Section outline
-
BLOQUE IV. Segunda sección: elixe unha ferramenta
Só é obrigatoria unha, pero se queredes facer as demais tamén as comentaremos e/ou avaliaremos.
1.- SERVIZOS EN INTERNET PARA GARDAR DOCUMENTOS, VIDEOS, IMAXES, ETC.
Neste apartado abordaremos algunhas ferramentas que nos permiten crear, aloxar e compartir. Xa vimos varias:
- Dropbox para almacenar carpetas e arquivos (xa visto anteriormente).
- Youtube para aloxar vídeos.
- Slideshare para aloxar e compartir documentos en diferentes formatos: presentacións, PDF, videos.... ata unha capacidade de 100 Mb.
Existen outras ferramentas como:
- Google Docs para a creación de documentos na nube (de texto, presentacións...).
- Scribd para aloxar e compartir documentos.