Section outline

  • BLOQUE IV. Primeria sección obrigatoria (I)

    • 1.- CREACIÓN DE PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA E ALOXAMENTO NA WEB

      As presentacións multimedia é un dos recursos máis empregados nunha sesión expositiva (nosa ou do alumnado). Crealas é un paso, o seguinte é almacenalas en internet e finalmente compartilas. Para isto imos usar o servizo de SLIDESHARE
    • 2.- BUSCAR E COMPARTIR VÍDEOS

      Outro dos recursos estrela da noso mundo web son os vídeos. E se un servizo destaca sobre os outros, este é o todopoderoso YouTube
    • 3.- CREACIÓN DE MURAIS DIXITAIS

      Glogster é unha ferramenta web 2.0 que podemos empregar para crear murais dixitais multimedia. Estes murais pódense imprimir, insertar nunha web, blog, wiki, etc. Tamén se poden empregar co EDI como apoio aos contidos educativos.

      Outra posibilidade, como en todos os recursos web 2.0, é que o alumnado elabore o seu propio Glogster como traballo: esixe busca de información, síntese e presentación axeitada da mesma. Un exemplo poden ser estes traballos no que o alumnado realizou un glogster sobre as cruzadas (2º de ESO) ou sobre un pintor do S. XIX (4º de ESO) en bilingüe.
      *
      Non lle poñades til nos títulos dos glogs xa que non deixa gravar ben. Tampouco deixedes espazos en blanco. Poñer guión baixo:
      Revolucion_francesa
      historia_contemporanea
      Elixir tamén o formato vertical.
      Esta é unha nova versión que está dando problemas.
      Para comezar hai que crear unha conta e entrar co nome de usuario (username ) e (password) contrasinal (arriba á dereita pon " Log in"). Pulsar en LOG IN
      Á esquerda arriba pon: POST NEW GLOG. Pulsar aquí para crear un novo.
      Seleccionar formato vertical ( o horizontal corta as imaxes). Pulsar outra vez en POST NEW GLOG
      Os menús aparecerán arriba e con ADD CONTENT pódese seguir engadindo detalles.

      Recomendaríamos ir recopilando o material para o glog que se queira crear xa que se funciona pódese elaborar rápidamente.
      Seguiremos comprobando e xa avisaremos das novidades.

      EDITAR UN CARTEL
      1. Entra en Glogster pulsando en LOG IN (arriba á dereita) co teu nome de usuario e contrasinal.
      2. Volve pinchar en LOG IN (aparece abaixo á dereita).
      3. Pulsar no glog que queiras editar.
      4. Arriba do cartel pulsar en "Edit this glog"
      5. Pulsando en "ADD CONTENT" pódese seguir engadindo elementos.
      6. Organízao.
      7. Ao rematar "SHAVE AND SHARE" para gardar
      8. Pon o nome sen tils e con guión baixo, pon etiquetas, marca público e "SHAVE AND SHARE" para gardar outra vez.
      9. VIEW THIS GLOG
      10. Pulsar en "Embed this glog"
      11. Copiar o código
      12. Abrir entrada nova no blog, seleccionar HTML e pegar dito código.
      13. Redimensionar o tamaño ancho e alto para axustar á entrada (1300/960 aparece no glog). Cambiar por 568,75/420. Se non se axusta seguir facendo a proporción.
      Agora mesmo está funcionando ben. 22/11/2011 - 22:00 h

      ENLAZAR UN VÍDEO
      Neste momento non funciona a función de copiar co botón dereito do rato.
      Usade CTRL + V (para pegar) despois de haber seleccionado a dirección.

      Nalgunhos teclados pode aparecer co nome de "Control", "Ctrl".
      En xeral podemos empregar CTRL +C (para copiar) e CTRL + V (para pegar) sempre que non funcionen as outras opcións que usamos a cotiá soe dar bo resultado .

      REDIMENSIONAR UN CARTEL EN GLOGSTER
      No Foro de dúbidas podedes atopar información para redimensionar un cartel.
    • AVISO

      Non funcionaban os enlaces aos Glogster de exemplo... xa están amañados... Pódenche dar ideas... De tódolos xeitos, lembra que, no Glogster que ti deseñes,  podes empregar os teus propios recursos web 2.0 (como a presentación que tes aloxada en Slideshare).