Section outline
-
BLOQUE IV. ELABORACIÓN E DIFUSIÓN DE MATERIAL DIDÁCTICO DE CCSS
Neste bloque presentamos varias ferramentas que consideramos poden ser de utilidade para a aula. Como son múltiples os recursos web 2.0, ofrecemos unha selección:
- Na primeira sección todas teñen carácter obrigatorio:
- Slideshare: Para aloxar e compartir presentacións multimedia.
- Youtube: Para aloxar e compartir vídeos.
- Glogster: Para crear e compartir murais dixitais.
- Na segunda sección tes que escoller unha ferramenta que mellor se axeite ás túas necesidades ou intereses das que ofrecemos a continuación:
- Álbum web Picasa: Para aloxar e compartir fotografías.
- Scribd: Para aloxar e compartir documentos.
- D-volver Maker: Para crear e compartir cómics animados.
- TimeRime: Para crear e compartir liñas de tempo.
Dispós de 12 horas para a primeira sección e 4 para a segunda.
*Recordade que para poder avaliarvos tedes que:
- Realizar e enviar o traballo que se vos pide a través da tarefa de cada ferramenta (Tarefa: ....).
- Participar no foro de cada aplicación compartindo o traballo.
-