Section outline

  • BLOQUE II. BUSCA E CATALOGACIÓN DE MATERIAIS

    • Contidos: Fontes de recursos útiles para as clases de ciencias sociais: portais educativos, editoriais, páxinas persoais de profesorado de ciencias sociais. Criterios para a súa valoración. Busca de materiais en diversos formatos: texto, imaxes, vídeos.... Uso dos marcadores sociais como ferramenta para crear e compartir un banco de recursos persoal. (4 horas)
    A superación deste módulo realizarase unha vez teñas visualizado os módulos propostos (a nós quédanos constancia na plataforma do teu progreso) e realizada a última tarefa: Mister-Wong. Propoñémosche un xogo de busca en internet, pero é voluntario. Ánimo!
    • Se non che quedou claro como compartir marcadores con distintos grupos podes ollar o seguinte vídeo aclaratorio.
    • UN RECURSO MOI INTERESANTE: DROPBOX

      Dropbox é un recurso web 2.0 que che permite  almacenar carpetas e arquivos na rede, ou sexa, en internet, ou como se di moitas veces "na nube". O problema é que nos ordenadores Abalar non podemos instalar este software, aínda que si que podemos acceder a el  través da web, de tal xeito que se o instalas no equipo da túa casa, podes gardar en Dropbox os arquivos que queiras e logo acceder a eles en calquera ordenador do mundo, e en particular, nos de Abalar do Centro onde traballes.

      Inda ten outra utilidade típica da web 2.0, e é que podes compartir o material que ti decidas con outras persoas. Para isto podes facelo de dúas formas:

      • Compartir, a través do correo electrónico, servizos de RSS ou redes sociais o enlace ao contido almacenado.
      • Compartir o contido mesmo no blogwiki ou redes sociais por medio dun código HTML incrustado (tamén se di "embebido").
      Non te asustes con estes vocablos... esperamos que ao remate do curso os manexes con soltura.