Manexo da plataforma Moodle de Platega
Detectamos nesta primeira semana do curso, dificultades por parte dalgún alumnado co manexo desta plataforma de aprendizaxe on-line que emprega Platega e que se chama Moodle.
Aínda que se escapa á nosa competencia propia do curso, tentaremos ir poñendo algún titorial para que, aquel alumnado que teña máis dificultades, poda ter algunha guía de referencia. Pero como as cousas de palacio van despazo... este proceso tamén...
Hoxe publicamos unha primeira entrega: como ver as nosas cualificacións das actividades que realizamos e os comentarios que vos facemos o profesorado titor. Por certo, pedímosvos que leades ditos comentarios, en especial os da enquisa de avaliación inicial porque pensamos que é importante a retroalimentación profesorado-alumnado.
Este bloque non forma parte curricular do curso... é un complemento para axudar aos que teñen máis dificultades...