Section outline

  • BLOQUE I. A WEB 2.0

    • Contidos: Concepto de web 2.0. Características das ferramentas e posibilidades que abren ao profesorado docente: crear, compartir e colaborar (4 horas)
    • 1.- Concepto da web 2.0

      Le a lección "Que é a web 2.0?" e contesta ás preguntas que se van facendo. Este exercicio non ten cualificación numérica... a medida que vaias entendendo os distintos conceptos e respostando correctamente ás preguntas poderás avanzar no tema ata final. A nós quedaranos constancia da persoa que o realizou dun xeito completo sen facer unha valoración numérica do exercicio.
      Non é difícil, así que adiante!
    • 2.- Quince características da web 2.0
      Le o documento sobre o que mellor define á web 2.0 e logo anímate a contestar o test a ver se "pillaches a idea".

      Ademais propoñémoste un exemplo de recurso web 2.0.

      Para cualificar este módulo abonda con que leas os recursos que che propoñemos e, iso si, que fagas o test. Quedaranos constancia na plataforma. Non tes que enviar nada... podes compartir, se queres, o teu wordle no foro que creamos para isto.