Section outline
-


INTRODUCIÓN
Benvidos e Benvidas a este curso a distancia para persoas coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos. A idea do curso é que sexa o máis útil posible. Para elo meterémonos na pel de Brais, o coordinador TIC dun instituto imaxinario chamado IES do Xilgueiro. O instituto será imaxinario pero as situacións ás que se terá que enfrontar Brais serán as típicas de calquera coordinador TIC (primaria e secundaria), seguro que moi parecidas ás que ocorren no voso centro educativo. A través dos problemas que se lle aparecen e as posibles solucións, aproximarémonos o papel e as tarefas típicas dun coordinador TIC.
Ao longo deste módulo inicial de introdución explicaremos as liñas xerais do curso:
- os obxectivos a acadar ao final do proceso,
- os contidos modulares de traballo,
- a metodoloxía didáctica a empregar,
- as actividades a desenvolver,
- os criterios de avaliación.
Tamén teredes a guía didáctica detallada do mesmo, algúns consellos para a realización deste curso a distancia e os foros de presentación inicial do curso e de novas e anuncios. É conveniente ler con detemento estes apartados para situarse correctamente ante o curso.
Esperando que sexa do voso agrado, aproveitamos para animarvos nas tarefas que estades a desenvolver nos vosos centros educativos.