Section outline

  • banner


    Competencia_TIC_Wordle


    INTRODUCIÓN

    Benvidos e Benvidas a este curso a distancia para persoas coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos. A idea do curso é que sexa o máis útil posible. Para elo meterémonos na pel de Brais, o coordinador TIC dun instituto imaxinario chamado IES do Xilgueiro. O instituto será imaxinario pero as situacións ás que se terá que enfrontar Brais serán as típicas de calquera coordinador TIC (primaria e secundaria), seguro que moi parecidas ás que ocorren no voso centro educativo. A través dos problemas que se lle aparecen e as posibles solucións, aproximarémonos o papel e as tarefas típicas dun coordinador TIC.

    Ao longo deste módulo inicial de introdución explicaremos as liñas xerais do curso:

    • os obxectivos a acadar ao final do proceso,
    • os contidos modulares de traballo,
    • a metodoloxía didáctica a empregar,
    • as actividades a desenvolver,
    • os criterios de avaliación.

    Tamén teredes a guía didáctica detallada do mesmo, algúns consellos para a realización deste curso a distancia e os foros de presentación inicial do curso e de novas e anuncios. É conveniente ler con detemento estes apartados para situarse correctamente ante o curso.

    Esperando que sexa do voso agrado, aproveitamos para animarvos nas tarefas que estades a desenvolver nos vosos centros educativos.