1. O uso de mapas de ideas, contribúen ao desenvolvemento da competencia dixital?
2. Que axudas concretas aportan os mapas de ideas no desenvolvemento desta competencia?
3. Que aplicación ou utilidade facilitan os mapas de ideas no contexto dunha aprendizaxe construtiva?
4. FreeMind e DIA, e doado usalos nas aulas Abalar?
E se cando remate o cursiño teño dúbidas ou atrancos, que podo facer?
Non permitas que unha pequena dúbida ou algún atranco surxido ao empregar FreeMind ou D.I.A. sexa obstáculo para incorporar estes programas a túa labor docente.
De seguido tes un foro no que podes compartir coas compañeiras e compañeiros do curso as dúbidas e atrancos que atopes. Tamén podes compartir as ideas que teñas, os descubrimentos que fagas... relacionados con FreeMind ou D.I.A.
Calquera pode contestar e intervir en calquera post do Foro.