Section outline










  • 2
    Deseñar mapas conceptuais e mentais empregando software libre: FreeMind.
    O Mapa de ideas é unha ferramenta que permite a organización, representación e memorización da información para facilitar a aprendizaxe. É unha ferramenta cognitiva efectiva que desenvolve as capacidades do pensamento.









    • Descargas
      Descargas

      Nos ordenadores Abalar, tanto no do profesorado coma nos ultraportátiles do alumnado xa está instalado. Se o queres instalar noutros ordenadores debes descargalo. É multiplataforma, polo que podes instalalo en:

      Mac
      : http://sourceforge.net/projects/freemind/files/freemind/

      Ubuntu: Aplicativos > Centro de software de Ubuntu > (En buscar: freemind) > Instalar

      Windows
      : http://sourceforge.net. Cómpre ter instalado Java ou descargar unha versión de FreeMind que inclúa Java.

      Windows: Versión portable. Para levar instalada nunha memoria USB e usar en calquera PC.











    • Bucea en Internet
      Documentación sobre FreeMind

      O programa inclúe un menú de axuda suficiente para manexar o programa... e ademais... sempre témolo a man.

    • Mapa de ideas sobre os mapas de ideas.

      Este mapa de ideas:

      • Recolle unha definición de "mapa de ideas",
      • Comenta a utilidade dos mapas de ideas cara unha aprendizaxe construtiva.
      • Enumera os principais usos que se poden facer deles.
      • Resume as principais funcionalidades de FreeMind para crear un mapa de ideas.
      • Enlaza un artigo sobre FreeMind
      No arquivo zip que desacargaches antes atoparás estoutro arquivo: mm_abalar_freemind_20111012_1905.mm










    • O propio programa inclúe unha axuda en formato de mapa de ideas moi boa, ¡¡e que sempre está a un clic !!










      A configuración de FreeMind atópase no menú Ferramentas > Preferencias...














    • Mapas de ideas
      Exemplificacións de mapas de ideas

      O formato dos mapas de ideas adáptase a calquera contido de calquera nivel educativo:








      2º de Bacharelato: Filosofía do Dereito
      Mapa de Ideas: Sociedad y Estado
      Zoon politikón

      Mapa de Ideas sobre a Sociedade civil e o Estado español constituido en 1.978.

      Arquivo fonte (mapa e as súas imaxes) Sociedade_Estado.zip

      Descromprimeo e executa o arquivo: sociedade_estado.mm








      1º de Bacharelato: Antropoloxía
      Mapa de ideas sobre evolucionismo
      Creacionismo ou evolucionismo

      Mapa de ideas sobre as Teorías da evolución.

      Arquivo fonte (mapa e as súas imaxes) evolucion_humana.tunombre.zip

      Descromprimeo e executa o arquivo: evolucion_humana_20110308_tunombre.mm
















    • Practica
      5º de Primaria

      Mapa de ideas sobre o embarazo e o parto.



      Exemplo de un mapa de ideas para 5º de primaria,
      de "Coñecemento do medio".

      Válido para:

      • explicar o tema, o profesorado no EDI,
      • resumilo simultaneamente, o alumnado nos seus ordenadores Abalar
      • facer actividades e
      • autoavaliarse.

      Descarga o arquivo deste mapa, as súas imaxes e as páxinas do libro de Coñecemento do medio, de 5º de primaria usadas para construilo:
















    • Exercicio práctico 1º de ESO
      Mapa de ideas do sistema solar
      Este mapa sobre o Sistema Solar está incompleto. ¿Serás quen de completalo?

      Para rematalo, cómpre:
      • Engadir nodos con texto
      • Darlle un formato similar aos seus "irmáns"
      • Inserir imaxes
      • Facer unha ligazón a un vídeo.
      • Facer unha ligazón a unha presentación Slideshare
      • Finalmente, exportalo a diferrentes formatos.

      Descarga o arquivo deste mapa, as súas imaxes e as páxinas do libro de Ciencias da Natureza de 1º ESO usadas para construilo:
















    • ¡¡Idea!!
      Introdución dos mapas de ideas nas Aulas Abalar.

      Usar a aula Abalar non esixe grandes ideas nin inversións cuantiosas de tempo de preparación. Unha sinxela actividade ---desas que atopamos frecuentemente nos libros de texto--- pode ter un plus engadido cando a programamos e preparamos para desenvolvela cos ultraportátiles. Por exemplo, estas actividades tomadas dun libro de texto de Coñecemento do medio, de 5º de primaria: "O goberno e a cultura de Galicia" poden realizarse mediante mapas de ideas que o alumnado escribe nos ultraportátiles e que "entregan" ao profesor/a a través da aula virtual, por exemplo. Algo deste xeito:










    • Da páxina 166 de Coñecemento do medio aínda quedan dúas actividades sen preparar en formato de mapas de ideas, atréveste a facelo? A próxima sesión dedicarémola a facer mapas de ideas deste tipo cos contidos das túas materias. !!non esquezas traelos!!

      Este uso dos mapas de ideas que estamos a propoñer agora non vai máis alá do que ao principio deste módulo caricaturizábamos no vídeo "Tecnoloxía ou metodoloxía". Pero comecemos con cousas sinxelas, similares ás tradicionais, pero coa intención inequívoca de seguir progresando cara usos máis creativos das TICs.














    • Exportar mapas
      Exportar mapas de ideas

      Unha vez creado o mapa pódese exportar a diferentes formatos, segundo que uso se queira facer.

      Exporta agora o mapa de ideas feito no exercicio práctico a estes formatos:

      1. Como Imaxe *.PNG
      2. Como Imaxe *.JPG
      3. Como Arquivo *.PDF
      4. Como Arquivo *.SVG
      5. Como Documento Open Office Writer *.ODT
      6. Como XHTML (Versión mapa Seleccionable)
      7. Como XHTML (Versión JavaScript)
      8. Como Applet de Java

      Compara as diferencias entre estes formatos. Cal se adapta mellor ao uso que lle queres dar aos mapas de ideas?















    • Exercicios prácticos
      Exercicios prácticos

      Cómpre agora facer prácticas con FreeMind e para elo debes usar os contidos, materiais, recursos... que estás a empregar nas túas materias. Busca nos teus libros de texto, apuntamentos, sitios web, presentacións, vídeos... aqueles contidos dos que pensas que construir ---ti ou o teu alumnado--- o seu mapa de ideas mellorará a súa ensinanza / aprendizaxe.

      Non se trata de facer algo "artificial", é dicir, para cumprir coa esixencia do cursiño, senón de que fagas aquí coa axuda do relator os teus primeiros mapas para usalos na aula. Poderás solucionar os atrancos e dúbidas inmediatamente ao mesmo tempo que escoitas tamén as dúbidas que se lle presentan a outras persoas e a súa solución.
      Posteriormente, no teu centro ou na túa casa deberás ser quen de facelos por ti mesmo.
      Non esquenzas polo tanto traer materiais suficientes para facer aquí o seu mapa de ideas, cada un cos seus contidos, e colectivamente explicando cousas novas do programa, resolvendo dúbidas...