Section outline

  • Logotipo de CAFI

    Regueifesta 2.0 é un curso virtual para formar docentes en improvisación oral aplicada ás aulas.

    Unha ferramenta para potenciar competencias musicais, lingüísticas e de comunicación para formar docentes que participen activamente na introdución do improviso no noso sistema escolar. 

    O potencial deste proxecto esténdese ao desenvolvemento das competencias profesionais docentes, pero tamén persoais e de relación social (autoconfianza, actitude creativa, competencias para xestionar a comunicación, competencias de relación interpersoal, desenvolvemento da memoria, etc), á implicación do alumnado no patrimonio cultural (como expresión cultural universal e como coñecemento da realidade cultural galega), e á potenciación complementaria das competencias lingüística, musical e TIC.

    Ademais, ten un valioso poder para transformar a realidade educativa através da dimensión lúdica.