Obxectivos

1. Proporcionarlles aos/ás secretarios/as dos centros educativos con ensinanzas de FP os coñecementos necesarios para a xestión administrativa e económica.

2. Resolver as dúbidas relativas á xustificación de gastos de ensinanzas cofinanciadas polo FSE.

3. Fomentar a coordinación e o intercambio de experiencias entre os/as secretarios/as dos centros educativos.

Contidos

1.Gastos elixibles: directos e indirectos.

2.Tipoloxía de gastos.

3.Cálculo de coeficiente para a imputación de gastos indirectos.

4.Adquisición de equipamento: tramitación de contratos menores.

5.Operacións, problemática e procedementos específicos.

6.Comisións de servizo: axudas de custo.

7.Compras a provedores no estranxeiro. IVE, Aranceis.

8.Compras on-line. Métodos de pagamento.

9.Pagamento a provedores aos que se lles debe practicar retención do IRPF.

10.Xustificación de gastos de profesorado.

11.Auditorías. Sobre o terreo, administrativas e do plan de control da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

12.Información e publicidade.

13.Exercicios prácticos.