Novas

Concurso: "Ciberseguridade no cole!"

Data de publicación:

Ciberseguridade no cole

Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI edición do concurso “Ciberseguridade no cole!”, dirixido a alumnado de entre 10 e 14 anos.
Os centros interesados poderán rexistrarse para participar ata o 5 de outubro.

Esta sexta edición, consolidada como unha actividade de éxito, está dirixida para estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. O concurso está organizado por Telefónica e impulsado polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal dentro da programación do VI Encontro CIBER.gal.

O obxectivo principal do concurso é sensibilizar aos escolares sobre os riscos que poden atopar no uso das tecnoloxías dixitais e, ao mesmo tempo, ensinarlles de forma amena e acorde á súa idade boas prácticas en materia de ciberseguridade.

Ciberseguridade no cole! desenvolverase en dúas fases: unha primeira proba en liña o 14 de outubro e unha final presencial o 6 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta última, os equipos finalistas participarán nun formato colaborativo.

Para participar, é preciso inscribirse antes do 5 de outubro:

Formulario “Ciberseguridade no cole!” (5º y 6º de Primaria y 1º y 2º de Secundaria)

Os detalles de ambos concursos e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:

“Ciberseguridade no cole!” (5º y 6º de Primaria y 1º y 2º de Secundaria)

No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal,  tamén haberá outras actividades de interese para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa. Ademais, o evento contará con diferentes actividades dinámicas de formación e concienciación relacionadas coa ciberseguridade.

Proximamente publicarase o programa completo do Encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.

 

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas