Obradoiros sobre "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais", dirixidos ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e dos ciclos formativos de grao básico de FP. Resolución do 3 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2026/27.
