Activación do Smart Notebook
No caso dos profesores que instalaron o software de Smart noutros equipos distintos do ABALAR e tamén para aqueles centros (sexan ou non ABALAR) que adquiriron pola súa conta un EDi deste mesmo fabricante deberán realizar a activación do software introducindo a clave do produto, dentro dos 30 días de proba iniciais.
Esta clave se envía de xeito automático no rexistro do encerado nun correo electrónico. Consulte o capítulo de rexistro para máis información.
Se perdeu a clave de activación ou non dispón de dito correo debe ver o procedemento explicado no capítulo de recuperación da clave de notebook.
Pasos para a activación
-
Copiamos o número de activación ben do correo de rexistro ou o obtemos seguindo as indicacións do capítulo de recuperación da clave .
-
Abrimos o software Notebook
-
Durane os primeiros 30 días se amosa unha mensaxe indicando a necesidade de activar o produto.

-
Se non se amosa esta mensaxe tamén podemos acceder dende a pantalla de Benvida de Notebook (abrese cada vez que abrimos o Notebook)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0