WiFi edu.xunta.esNos centros educativos onde está en funcionamento a WiFi "edu.xunta.gal", ademáis do profesorado, esta WiFi tamén permite a conexión de todo o alumnado rexistrado en XADE.

O procedemento para realizar a conexión é o mesmo que co profesorado, só que as credenciais do alumnado deben ser xeradas en XADE desde o propio centro educativo, utilizando o "Informe predefinido AL985:  Etiq. WiFi".

Este informe crea unha páxina de "etiquetas" onde se mostran os datos de conexión para cada alumno/a (por grupo, curso, ensinanza) de maneira que o centro educativo pode decidir a que alumnos/as ou grupos de alumnos lles proporciona as claves de acceso personalizadas.

    

Informe WiFi alumnos

   

IMPORTANTE: Ter en conta que un número excesivo de conexións simultáneas podería saturar o ancho de banda dispoñible no centro, polo que se aconsella non habilitar o acceso a esta WiFi de forma masiva para todo o alumnado do centro e facelo só para aqueles alumnos/as que realmente necesiten facer un uso educativo desta WiFi nos seus dispositivos.

   

   

INSTRUCCIÓNS PARA O ALUMNADO   

   

Normas básicas de uso 

   

  • O acceso á WiFi ten unha finalidade pedagóxica e educativa. Debe empregarse con responsabilidade.
  • O alumnado non debe compartir os seus datos de acceso con ninguén (usuario e contrasinal), son datos de carácter persoal, individual e privado.
  • Non se deben empregar indiscriminadamente servizos que consuman moito ancho de banda (streaming, YouTube, etc). O uso destes servizos por parte do alumnado reduce o ancho de banda dispoñible para o resto de usuarios do centro educativo.
  • Non se debe empregar esta conexión para un uso non autorizado, ilícito, ilegal, hacking, etc ...

  

Como activar a conta 

   

Para activar a conta é preciso seguir estes pasos:

1  Entrar na web "https://www.edu.xunta.es/contausuario"

2  Pulsar sobre a opción "Conta" e a continuación en "Activar"

  

WiFi alumnos

  

3  Seleccionar a opción "A WiFi do centro" e pulsar no botón "Continuar"

WiFi alumnos

  

4  Introducir o  usuario e o PIN que foron proporcionados no centro, tal e como se indica na seguinte imaxe e a continuación pulsar no botón "Continuar".

   

Wifi alumnos

  

5  Escribir o contrasinal, tendo en conta as seguintes normas:

  • O contrasinal debe ter polo menos 6 caracteres.
  • NON  se pode poñer o teu nome nin os teus apelidos e tampouco o nome da conta que vas crear.

Tes que escribilo dúas veces: unha vez na CAIXA 1 e outra vez na CAIXA 2:

  

WiFi alumnos

  

Premre en Continuar, e para rematar premer  Confirmar e a túa conta xa estará creada!

   

WiFi alumnos

Como norma xeral, esta conta estará operativa ao longo do curso escolar.

Importante: débese lembrar o contrasinal que puxeches. De esquecelo deberás acceder a "Contausuario" empregando a túa conta de usuario e o PIN.

 

Como cambiar o contrasinal da conta 

   

Necesitarase o nome da conta e o PIN. De non lembrar o PIN, débese solicitar de novo no centro educativo.

Para cambiar o contrasinal hai que seguir os seguintes pasos:

1  Entrar na páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

2  Premer en Contrasinal e logo en Modificar.  

  

WiFi alumnos    

3  Introducir os datos que se piden:

- Nome de usuario

- PIN

- Na caixa 1 introduce o contrasinal unha vez

- Na caixa 2 volve a introducir de novo o contrasinal

  

WiFi alumnos

  

Premer Continuar e o contrasinal xa estará cambiado.

Última modificación: xoves, 2 de outubro de 2025, 1:36 PM