WiFi edu.xunta.esA WiFi "edu.xunta.gal" permite a conexión desde calquera dispositivo autenticándose coas credenciais corporativas do propio usuario ("nome de usuario" e "contrasinal"), é dicir, os mesmos datos que utiliza para acceder á súa conta de correo electrónico.

Esta WiFi está dispoñible tanto nas propias aulas E-Dixgal (é un dos SSID que emiten os AP que dan cobertura a estas aulas), como no entorno das aulas E-Dixgal ata onde chega a cobertura dos puntos de acceso E-Dixgal.

Por outro lado, en moitos centros educativos esta WiFi xa é a única dispoñible no centro, ademais da WiFi Abalar, xa que todos os AP instalados no centro emiten unicamente este sinal SSID.

A conexión á rede edu.xunta.gal está dispoñible unicamente para os usuarios que teñan conta corporativa da Consellería de Educación:

  • O "usuario" e "contrasinal" son os mesmos que se empregan para todas as aplicacións corporativas (correo electrónico, xade, fprofe, etc, ... )
  • Non depende do centro educativo no que se atope senón unicamente da persoa que se conecta.
  • A conexión está asociada á persoa e non ao equipo co que accede.  

     

Para acceder empregaránse os datos corporativos que identifican á persoa e é moi importante manter o contrasinal a salvo. Particularmente non se debe ceder a ninguén a información para acceder á WiFi, dado que comprometería a seguridade de acceso a calquera das aplicacións corporativas.

Na maioría dos sistemas operativos a conexión é moi sinxela, tendo unicamente que identificarse. Non obstante indicamos o proceso con distintos tipos de dispositivos e sistemas operativos. Os parámetros de conexión á rede (enderezo IP, máscara de rede, porta de enlace e DNS) serán adquiridos polo equipo de maneira automática polo que a conexión de rede WiFi debe configurarse para a obtención dos mesmos mediante DHCP. Non se debe ter a WiFi con datos de configuración manual.

     

Conexión coa Maqueta Abalar Libre (Linux)

Este sistema operativo é similar á maqueta dos equipos Abalar en canto á súa aparencia e ao seu software, pero non están configurados para a conexión automática á rede WiFi Abalar. No caso de atoparse na zona de cobertura da rede edu.xunta.galrede-wifi deberá proceder do seguinte modo.

Na parte dereita da barra situada na zona inferior terá que localizar a icona correspondente ao xestor de rede. Esa icona varía en función do estado de conexión: sen conectar, conectado por WiFi ou conectado por cable.

Clicando nela abrirase un menú despregable que amosará (entre outras opcións) as redes wifi dispoñibles nese momento e lugar. No caso de aparecer a rede “edu.xunta.seleccionarase esa opción. O ordenador solicitará os datos do usuario e contrasinal que lle permitirá validar a conexión.

    

Conexión maqueta Abalar libre


Para configurar a rede wifi "edu.xunta.gal" débese seguir as instrucións que describen na seguinte web.

https://centros.edu.xunta.gal/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=124

Neste enderezo descríbese o procedemento de configuración nos diferentes dispositivos e con diferentes sistemas operativos.

Última modificación: xoves, 2 de outubro de 2025, 1:49 PM