A rede WiFi Abalar
Os puntos de acceso WiFi (AP WiFi) que dan cobertura ás aulas E-Dixgal emiten dous sinais WiFi (dous SSID, Service Set IDentifier):
- Abalar
- edu.xunta.gal
A conexión WiFi Abalar é unha rede específica que só está dispoñible para os equipos E-Dixgal (abalar) dos centros participantes no proxecto. Para o resto dos equipos do mesmo centro educativo non é posible a conexión con esta rede, de maneira que o resto de equipos terán que utilizar a conexión cableada ou sa redes WiFi dispoñibles no centro.
Principais características da WIFI Abalar
- A conexión WiFi Abalar (pertencente á rede corporativa) dispón dun DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) que permite asignar os parámetros de configuración da rede de maneira dinámica aos equipos.
- Esta conexión WiFi é automática, os equipos conectan automaticamente coa WiFi e o centro non ten que xestionar nin configurar nada.
- Todo o que teña que ver coa conexión WIFI Abalar será xestionado en remoto desde os servizos centrais.
- A configuración deste WiFi permite traballar en rede co alumnado de forma eficaz, incluso con todos conectados a un mesmo AP (Access Point) ou punto de acceso WiFi.

A WiFi Abalar identifica a MAC da tarxeta WiFi do equipo que pretende conectarse, de maneira que se esa MAC non está rexistrada non lle permitirá a conexión. Por esta razón, os únicos equipos que poden conectar con esta WiFi son os equipos Abalar do profesorado e alumnado e os equipos E-Dixgal do profesorado e alumnado, dos que existe un rexistro de MACs autorizadas para conectar.
