O espazo E-Dixgal

 

Está á disposición de todas as persoas usuarias o espazo E-Dixgal no portal espazoABALAR, onde se pode atopar toda a  información sobre o proxecto e acceder ás novas que periodicamente se van publicando sobre E-Dixgal.

O espazo E-Dixgal é un portal web en constante evolución que actualmente conta coas seguintes seccións:

  

  • Listado de centros E-Dixgal, onde podemos consultar a lista completa e actualizada dos centros educativos que actualmente participan no proxecto, ordenados por provincias.
  • Equipamento alumnado. Unha sección adicada ao dispositivo do alumnado, con información sobre o seu uso e as normas básicas de utilización. Desde aqui tamén se pode ver e descargar o folleto informativo que se lles entrega ás familias con este equipamento. 
  • Equipamento aula dixital. Neste apartado descríbense todos os elementos que podemos atopar nunha aula E-Dixgal, indicando as características básicas de cada un deles.
  • Soporte Premium. O soporte Premium é servizo de asistencia técnica e resolución de incidencias, específico para o proxecto E-Dixgal. Aquí atoparemos unha descrición do tipo de asistencia que aporta en cada caso, así como os datos de contacto e a relación dos Puntos Físicos de Atención Especializada distribuídos por todo o territorio galego.
  • Entorno Virtual de Aprendizaxe. Esta sección está adicada ás plataformas online e offline que constitúen o entorno virtual de aprendizaxe, EVA.
  • Formación. Acceso ás propostas formativas sobre E-Dixgal do servizo de formación do profesorado.
  • Novas de actualidade. Un apartado onde se publican todas as novidades que van aparecendo sobre o proxecto, así como comunicados de novas funcionalidades e actualizacións.

 

   

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

 

Espazo EDIXGAL

  

Este portal permite subscribirse ás novidades para recibir un aviso cada vez que se publique algunha nova. A subscrición ao canal RSS pode facerse utilizando o navegador, se o  navegador permite marcadores dinámicos, ou desde un cliente de correo electrónico.

Última modificación: xoves, 2 de outubro de 2025, 9:46 AM