As zonas de asesorías Abalar / E-Dixgal

 

As persoas asesoras Abalar de zona  de AMTEGA dan soporte e asesoramento a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, atendendo ás necesidades dos centros de cada zona en materia de novas tecnoloxías, aplicacións corporativas, plataformas dixitais, infraestruturas tecnolóxicas e proxectos educativos de carácter tecnolóxico.

Con respecto ao proxecto E- Dixgal, para os centros educativos a asesoría Abalar da súa zona é a principal referencia en canto a soporte e asesoramento. A comunicación entre os centros educativos e a asesoría de zona representa o primeiro nivel de atención e asesoramento para cada centro.

Os asesores de zona están distribuídos en 20 zonas xeográficas, identificadas cada unha delas polo nome da localidade onde inicialmente foi ubicado/a físicamente cada asesor/a. Na actualidade estas zonas continúan conservando o mesmo nome identificativo aínda que nalgúns casos o/a asesor/a está ubicado/a noutra localidade dentro da mesma zona.

Para máis información consulte a seguinte ligazón:

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/asesoramento-e-soporte-abalar/areas-xeograficas

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 4:40 PM