Soporte Premium 

 

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

  • Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...
  • Comunicación e resolución de avarias sobre o equipamento do proxecto.
  • Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos nese entorno.

Sobre calquera dos elementos relacionados coa educación dixital:

  • O equipo do alumnado.
  • O equipo do profesorado.
  • Os elementos da aula dixital nunha aula dun curso E-Dixgal (panel dixital interactivo, armario de carga, equipo do profesor na aula, rede WIFI, servidor de centros, conexión do centro a Internet).
  • Os elementos do entorno virtual de aprendizaxe (plataforma EVA, contidos dos distintos proveedores: EDEBÉ, Netex, aulaPlaneta, Pearson, cREAgal..).

E que presta servizo a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través da canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  •  De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  •  A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  •  A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia ou na ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso, para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención, debidamente sinalizados co logotipo do proxecto, espallados por toda a xeografía galega.

Rede de puntos físicos de atención: pulsando sobre os marcadores que aparecen no mapa móstrase a información detallada de cada un destes puntos de atención.


  

Todos os puntos físicos de atención homologada deben estar perfectamente identificados co logotipo oficial do proxecto nun lugar do establecemento que sexa visible desde o exterior e claramente lexible.

   

Punto físico de atención homologada

Última modificación: xoves, 2 de outubro de 2025, 9:25 AM