Análise DAFO do proxecto E-Dixgal no centro
En que consiste un DAFO?
O DAFO (iniciais de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) é unha ferramenta que permite analizar a realidade dun determinado proxecto para poder tomar decisións de futuro.
O DAFO pode ser un bo comenzo cando iniciamos un novo proxecto xa que axuda a establecer as estratexias para que este sexa viable, pero tamén representa unha boa ferramenta de reflexión sobre a situación dun proxecto que xa está en marcha.
A análise DAFO divídese en dúas partes:
- Factores de orixe interna ao proxecto: Fortalezas e Debilidades.
Nesta fase realízase unha fotografía da situación real do proxecto no propio centro educativo, considerando as súas Fortalezas e as súas Debilidades. - Factores de orixe externa ao proxecto: Ameazas e Oportunidades.
Tanto as Ameazas como as Oportunidades pertencen aos factores externos ao propio proxecto, pero que deben ser tidas en conta ben para superalas, no caso das ameazas, ou ben para aproveitar as oportunidades que poden favorecer o desenvolvemento do proxecto.
Unha vez realizada a análise, é necesario definir unha estratexia que leve a potenciar as fortalezas, superar as debilidades, controlar as ameazas e beneficiarse das oportunidades.
Que é unha matriz DAFO?
A matriz DAFO mostra o conxunto de factores DAFO: Debilidades, Amenazas, Oportunidades e Fortalezas.
Se xa se iniciou un DAFO, a matriz mostra cada un dos contidos introducidos polo usuario e permite engadir novos contidos, editalos e borralos.

Un exemplo: matriz de factores DAFO nun centro EDIXGAL
A seguinte matriz de factores DAFO podería servirnos de exemplo ilustrativo para determinar algúns dos factores que poderían darse nun centro educativo.
Hai que ter en conta que estes factores non son os mesmos en cada centro educativo, xa que a realidade propia dun centro e as súas circunstancias son diferentes en cada caso. Cada centro educativo ten as súas propias características que poden ser únicas e diferentes a todos os demais.
| DEBILIDADES | AMEAZAS |
|
|
| FORTALEZAS | OPORTUNIDADES |
|
|
As matrices DAFO (táboas) deben ser permanentemente editables, de maneira que permitan engadir/editar/modificar calquera dos factores según vai avanzando a análise.
Creación de estratexias
Despois de crear a matriz de factores DAFO adaptada á realidade de cada centro educativo, deberase deseñar as estratexias que permitan superar os problemas detectados (Debilidades e Ameazas), así como aquelas que permitan resaltar e aproveitar os aspectos positivos (Fortalezas e Oportunidades).
Básicamente hai 4 tipos de estratexias:
- Estratexias ofensivas: obtéñense relacionando Fortalezas + Oportunidades
Buscan relacionar os puntos fortes internos e externos para fortalecer a situación do proxecto.
Exemplo: Xa que o proxecto representa un aforro importante para as familias (Fortaleza) e a maioría das familias teñen unha cultura dixital consolidada (Oportunidade) poderíase estender a educación dixital a outros ámbitos non curriculares. - Estratexias defensivas: obtéñense relacionando Fortalezas + Ameazas
Relacionan os puntos fortes internos para contrarestar as ameazas externas.
Exemplo: Xa que o profesorado pode traballar indistintamente con varias editorias (Fortaleza) pero parte do profesorado está en contra do proxecto (Ameaza), poderíase organizar reunións informativas co profesorado sobre as ventaxes de dispoñer de varias fontes editoriais simultáneas, libremente e sen ningunha repercusión económica para as familias. - Estratexias adaptativas: obtense relacionando Debilidades + Oportunidades.
Trátase de cambiar algún elemento das debilidades para aproveitar mellor as oportunidades.
Exemplo: Xa que o sistema operativo Linux provoca un rexeitamento de inicio (Debilidade) e a maioría das familias xa teñen unha cultura dixital consolidada, poderíanse organizar sesións informativas sobre Linux, a cultura do software libre e as vantaxes que representa o uso do software libre, estendendo ademais o seu uso a outros espazos e situacións. - Estratexias de supervivencia: obtense relacionando Debilidades + Ameazas.
Busca relacionar os puntos débiles internos e externos para favorecer a imaxe do proxecto respecto doutras situacións e doutros entornos educativos.
Exemplo: Xa que as editoriais participantes no proxecto non son do agrado do profesorado (Debilidade) e algúns profesores só queren traballar cunha determinada editorial que actualmente non participa no proxecto (Ameaza), poderían organizarse obradoiros onde se experimente coas ventaxas didácticas que ofrece un entorno de educación dixital como E-Dixgal, traballando coas editoriais que actualmente participan no proxecto.
NOTA: Sería un erro confundir estratexias con accións. As estratexias non son concretas e poden incluír unha ou máis accións.
