A figura do coordinador E-Dixgal no centro educativo
A figura do/a coordinador/a E-Dixgal
Para todo o persoal docente que desempeñe algunha función de coordinación no seu centro educativo resulta fundamental coñecer cales son as súas funcións como coordinador/a, os elementos que inflúen no seu traballo e as canles de comunicación axeitadas que debe utilizar cos equipos de soporte e asesoramento.
Tentaremos dar unha visión dos aspectos básicos que determinan este labor de coordinación nun centro educativo.
Como punto de partida entenderemos que a figura da persoa coordinadora E- Dixgal ten como mínimo unhas atribucións similares ás de calquera outro dinamizador específico dentro do centro educativo.
Ata o momento a figura do coordinador E- Dixgal non aparece recollida expresamente na normativa actual, pero si figura a do/a coordinador/a TIC (dinamizador/a TIC).
|
Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes. Artigo 8º.- Dinamización específica. Apartado 3. En cada centro poderán existir dinamizadoras e dinamizadores específicos para realizar, cando menos, funcións referidas á biblioteca, convivencia escolar e soporte e dinamización das tecnoloxías da información e comunicación. Apartado 5. A dirección designará unha persoa como dinamizadora responsable de cada proxecto específico, por un período de dous anos, priorizando a súa formación específica, a experiencia, o interese e a dispoñibilidade horaria. Actuará baixo a coordinación da xefatura de estudos, agás no caso da dinamización de apoio á xestión económica dos centros, que actuará baixo a coordinación do secretario ou secretaria. Apartado 6. Os dinamizadores e as dinamizadoras específicos e o profesorado colaborador que dedique, polo menos, dúas horas semanais das complementarias fixas a estas funcións, terán dereito a percibir a parte do complemento específico correspondente, titoría e outras función docentes. |
A pesar de que a normativa actual non define específicamente as funcións do coordinador/dinamizador E-Dixgal, na mesma orde citada anteriormente indícanse as funcións do dinamizador TIC que nos poden servir como referencia ou punto de partida.
|
Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes. Artigo 14º.- Funcións da dinamización das tecnoloxías da información e a comunicación. En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:
|
Resulta evidente que a situación actual dos centros educativos en canto a infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e proxectos educativos nos que participan, non é a mesma que a que tiñan os propios centros no momento de publicarse esta orde. Neste sentido, debemos interpretar todo o anterior como unha simple referencia para facernos unha idea das atribucións reais da figura do coordinador/dinamizador E-Dixgal na actualidade.
Finalmente e unido a todo o exposto ata agora, o/a coordinador/a E- Dixgal debe asumir como propios e ter sempre presentes os compromisos asumidos polo seu centro educativo ao entrar no proxecto E- Dixgal.
Estes compromisos indícanse na resolución da convocatoria do proxecto.
|
Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021-2022. Sétimo. Compromisos dos centros educativos Os centros educativos que sexan seleccionados mediante esta resolución deberán asumir, polo menos, os seguintes compromisos: a) Desenvolver o programa segundo as pautas establecidas no proxecto presentado, que se incorporará ao proxecto educativo do centro, e impulsar a súa continuidade cando menos durante catro cursos escolares en en función da súa avaliación. b) En colaboración coa Administración educativa, realizar unha adecuada divulgación da iniciativa entre toda a comunidade educativa, con especial incidencia no alumnado e nas familias, de xeito que se achegue a información necesaria e se realice a adecuada sensibilización en relación con este programa. c) Realizar un seguimento periódico das actuacións previstas no programa. d) No caso do profesorado implicado e do equipo directivo, segundo corresponda, deberá participar nas actividades de formación vinculadas ao proxecto que se planifiquen tanto desde a centro como desde a Consellería. e) Garantir a participación activa da persoa coordinadora do proxecto e dalgún membro do equipo directivo nas reunións de traballo que desde a Administración educativa se establezan. f) No caso da comunidade educativa, participar activamente no deseño, aplicación e avaliación das actuacións previstas no programa. g) Manter o programa durante catro cursos académicos h) No caso do profesorado participante, comprometerse a participar na formación específica que se oferte dentro do programa. A formación no centro articularase obrigatoriamente no marco dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) , para o que recibirán o asesoramento da Rede de Formación do Profesorado. i) Colaborar na detección e difusión das boas prácticas para a educación dixital tanto a niveis formativos como de divulgación e comunicación. |
