Como crear unha listaxe de verificación

Para engadir unha "Listaxe de verificación", en primeiro lugar hai que "Activar edición" e a continuación pulsar sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" do tema onde se engada este elemento.

   



A continuación, introdúcese un título para identificar esa listaxe de verificación e selecciónase as distintas opcións de configuración que se mostran na pantalla. Por último púlsase "Gardar".


Despois de crear este elemento, éntrase nel por primeira vez (facendo clic) e configúranse os items que se queira mostrar ao alumnado. Pódese engadir textos, frases, enlaces, ... que identifiquen o que debe realizar o alumnado.


Cando xa está configurada, o aspecto que se lle mostrará ao alumnado será similar ao que se mostra na seguinte imaxe.

     


O profesor creador desta listaxe de verificación ten acceso a unha vista do progreso do seu alumnado, con barras de progreso e porcentaxes de consecución dos obxectivos propostos.


Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 3:52 PM