Que son as listaxes de verificación
Requisitos do completado
Listaxes de verificación
O módulo "Listaxe de verificación" permítelle ao profesorado crear unha listaxe de elementos ou items que se deben acadar ou realizar o alumnado. Este elemento pode configurarse e inserirse en calquera sección ou tema da materia por parte do profesorado e será accesible ao alumnado como calquera outra actividade ou recurso.

O alumnado, pola súa parte, cando acceda á "Listaxe de verificación" deberá ir marcando cada elemento
desta listaxe a medida que vaia completando ou realizando o que se indica en cada un dos items que a compoñen.
Esta funcionalidade tamén permite que o profesorado poida monitorizar o progreso dos seus alumnos en forma de barras de progreso e porcentaxes de completado.

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 3:47 PM
