Tipos de actividades H5P

A continuación móstranse só algúns dos tipos de actividades que podemos crear coa ferramenta H5P, aínda que esta ferramenta permite crear moitas máis actividades.

  

Contidos Pregunta de elección única
single choice set

Este tipo de actividade permite ao profesorado crear conxuntos de preguntas cunha única resposta correcta por cada pregunta. O alumnado recibe comentarios inmediatos despois de enviar cada resposta.



Contidos Pregunta de opción múltiple
multiple choice
O tipo de actividade de preguntas de opción múltiple é unha das que mellor permite avaliar o nivel de coñecemento do alumnado sobre un tema determinado.

        


Contidos Arrastrar palabras
drag the words

"Arrastrar palabras" permite ao profesorado crear desafíos baseados en textos onde o alumnado debe arrastrar palabras a espazos en branco dentro das oracións.


 

Contidos Verdadeiro ou falso
true/false question

As preguntas de verdadeiro ou falso consisten nunha declaración ou nun enunciado que esixe unha resposta que implica decidir se é verdadeiro ou falso. Alternativamente poden configurarse as respostas como Si/Non, De acordo/En desacordo, ... etc.

Actividade 


Contidos Xogo de memoria
memory game

Esta actividade consiste nun xogo de memoria que permite ao profesorado engadir as súas propias imaxes e texto, opcional. Para xogar, os usuarios deben buscar pares de imaxes, que amosarán unha mensaxe de texto específico unha vez que se atope o par axeitado.  

Actividade

 

Contidos Tarxetas didácticas
flash cards

Esta actividade consiste nun conxunto de tarxetas que conteñen unha imaxe nun lado da tarxeta e o texto correspondente no outro lado. Pídeselle ao alumnado que escriba unha palabra ou expresión que se corresponda coa imaxe, antes de darlle a volta á tarxeta e revelar a resposta correcta. 

Actividade

 

Contidos Busca o punto correcto
find the hotspot

 

Actividade


Contidos Imaxe con múltiples puntos
image hotspots

Esta actividade permite crear zonas interactivas sobre unha imaxe, de maneira que cando o usuario preme sobre os puntos de acceso revélase o texto asociado a cada punto.

Actividade


Contidos Busca as palabras
find the words


Actividade


Contidos Encher os ocos
fill in the blanks

Con esta actividade o profesorado pode crear textos ou frases nas que se ocultan/omiten determinadas palabras, mostrándose no seu lugar uns espazos en branco. O alumnado deberá escribir as palabras que faltan neses espazos en branco.

Actividade


Contidos Video interactivo
interactive video

O tipo de contido "vídeo interactivo" permite crear interaccións que irán aparecendo en determinados momentos da reprodución do vídeo. Estas interaccións poden ser textos, enlaces, imaxes, cuestionarios, ... que se mostran sobre o vídeo superpostas en diferentes momentos da súa reprodución e coas que o alumnado pode interactuar: responder ao cuestionario, facer clic no enlace, etc.

Actividade

Última modificación: mércores, 1 de outubro de 2025, 11:36 AM